Corrección de erros. Resolución do 11 de decembro de 2008, da Secretaría Xeral
do Servizo Galego de Saúde pola que se convoca
concurso-oposición para o ingreso na categoría de
facultativo/a especialista de área de diversas especialidades.
Advertidos erros no texto desta resolución,
publicada no Diario Oficial de Galicia nº 247, do 22
de decembro de 2008, cómpre
efectuar as oportunas correccións, sen alterar o prazo de presentación de instancias:
Na páxina 22.854,
no anexo I, na categoría de farmacia hospitalaria o seguinte parágrafo relativo á titulación queda eliminado:
“Titulación: calquera dos seguintes
títulos:
- Titulo de Licenciado/a ou Doutor/a en Medicina e Cirurxía e o título de Médico/a Especialista expedido polo
Ministerio de Educación e Ciencia, na especialidade de farmacia hospitalaria.”
Na páxina 22.855, no anexo I, na
categoría de microbioloxía e parasitoloxía,
o parágrafo relativo á titulación substitúese polo seguinte: “Titulación: calquera
dos seguintes títulos:
-
Título de licenciado/a ou doutor/a
en medicina e cirurxía e título de médico/a
especialista expedido polo Ministerio de Educación e Ciencia, na especialidade de microbioloxía e parasitoloxía.
-
Título de licenciado/a ou doutor/a
en farmacia e título de farmacéutico/a especialista expedido polo Ministerio de
Educación e Ciencia, na especialidade
de microbioloxía e parasitoloxía.
- Título de licenciado/a ou doutor/a en ciencias químicas
e acreditar a súa formación na
especialidade de microbioloxía
e parasitoloxía mediante diploma expedido pola correspondente escola de especialización ou formación
completa como químico interno residente, realizado en centros acreditados ou debidamente recoñecidos, logo
da superación da proba nacional selectiva que establecen as disposicións
vixentes.
- Título de licenciado/a ou doutor/a en ciencias biolóxicas e acreditar a súa
formación na especialidade
de microbioloxía e parasitoloxía
mediante diploma expedido pola correspondente
escola de especialización ou
formación completa como biólogo interno residente, realizado en centros
acreditados ou debidamente recoñecidos,
logo da superación da proba nacional selectiva que establecen as disposicións vixentes.”